Saturday 18 de May de 2024

O sábado 10 de febreiro concerto de Antía Muíño na Fábrica


O XI Ciclo de Música: Voces cálidas para noites de inverno enmarcado na programación cultural, tráenos a Fábrica o concerto de Antía Muíño.

Antía Muíño actuará no auditorio da Fábrica o próximo sábado 10 de febreiro ás 20:30h.

O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta como unha sorte de médium entre Norah Jones, Sílvia Pérez Cruz, Tracy Chapman e Luz Casal. Actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid), Os Xoves de Códax (Cambados), Sound Isidro (Madrid) ou o Festival Maré (Compostela), entre outros, e colabora con artistas como Xabier Díaz, Baiuca, Carlos Núñez, Las Migas, Luis Pastor ou Néboa. Durante o 2023 xirou por toda España, en Portugal e tivo a súa primeira xira por Marrocos.

Para 2024 preparou novas cancións, que acompañan nos directos ao seu aplaudido “Carta Aberta”, o seu álbum debut, que ten case 2 millóns de reproducións. Ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022. E compre resaltar a Antía en The Spanish Wave no Visa For Music (Rabat) 2023, coma finalista nos Premios MIN 2023 e coma Mellor Artista Emerxente nos Premios Martín Códax da Música 2022.

As entradas poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Público: todos os públicos
Prezo: 4,00 euros

Consulta a programación cultural en www.oleiros.org